Profesor de español para extranjeros

Empleador: 

Ciudad: 

País: 

Tipo de contrato: 

Condiciones económicas: 

1900€ brutos/mes + 2000€ mensuales por expatriación

Fecha límite: 

23/05/19

Descripción 

O obxecto da  presente convocatoria é a  contratación de persoal colaborador  na Cátedra Inditex de Lingua e Cultura Españolas na Universidade de Dhaka.
 
O persoal contratado colaborará e traballará especifica e unicamente na actividade ou proxecto de investigación para o que é contratado, que é de carácter finalista e en todo caso non estrutural, mediante o financiamento externo a través da participación en convocatorias públicas ou privadas, subscrición de convenios, concesión de subvencións, etc.
 
A forma de provisión será a de concurso de méritos, a través da valoración dos criterios de baremación establecidos para cada praza.

Requisitos 

Para seren admitidos os aspirantes, ademais de cumprir os requisitos específicos esixidos na actividade ou proxecto de investigación para a que realicen a súa  solicitude  e  que  figuran  no  anexo  desta  convocatoria, deberán posuír no día de remate de presentación de solicitudes e mantelos ata a data de finalización do contrato, os seguintes requisitos de carácter xeral:

  • Ser español ou nacional dalgún dos demais estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún estado, ao que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
  • Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacionais dalgún dos demais estados membros da Unión Europea, e cando así o prevea o correspondente tratado, ou dos nacionais dalgún estado ao cal en virtude dos tratados internacionaiscelebrados pola Unión Europea e ratificados por España lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe, menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas.
    Así mesmo poderán participar os nacionais de países non membros da Unión Europea ou que non estean incluídos no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores. Non obstante a formalización do contrato laboral con estes nacionais queda condicionada a que os aspirantes teñan concedida a excepción ou permiso de traballo e residencia legal en España.
  • Ter cumpridos os 16 anos.
  • Estar en posesión da titulación/s valida/s en España que se indique/n no anexo da convocatoria.
  • Non padecer enfermidade nin estar  afectado  por  limitación  física  ou  psíquica  que  sexa  incompatible co desempeño das correspondentes funcións.
  • Non estar separado, mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado para o desempeño das funcións públicas.

Cómo solicitar 

A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Universidade de Santiago de Compostela, (https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/contratacion.htm). Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Universidade de Santiago de Compostela https://sede.usc.es/sede/publica/informacion/aspectosTecnicos.htm.
 
Excepcionalmente para este procedemento, as persoas de  nacionalidade  distinta da española, poderán  usar como medios de identificación as credenciais de Google ou Microsoft
 
A documentación complementaria presentarase electrónicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante.
 
O prazo de presentación de solicitudes será de DEZ  (10) días  naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria. A solicitude irá asinada polo interesado.
As solicitudes deberán ir acompañadas da documentación que se indica, que deberá  ser  presentada a través da Sede Electrónica:

1.- CV detallado en inglés, castelán ou galego (1 arquivo PDF limitado a 3 páxinas) incluíndo información de contacto, persoal, educación, e calquera outra  información  relevante  (premios, participación en congresos...).
(Ademais do CV, deberán anexarse en Documentación adicional los siguientes documentos:
 
2.- Copia do expediente académico emitido pola universidade correspondente (en galego, inglés ou español).
 
3.- Declaración responsable na que o interesado manifesta baixo a súa responsabilidade que cumpre os requisitos e que pode acreditalos na data fin de presentación de solicitudes.
(NON ANEXAR, está incluída no formulario de solicitude).
A Universidade poderá requirir a exhibición dos documentos orixinais xustificativos dos méritos  e  requisitos, segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
 
A inexactitude, falsidade ou omisión de carácter esencial, de calquera dato ou información na declaración  así como a non presentación da documentación cando lle sexa requirida, determinará a non selección e/ou  a non formalización do contrato de traballo, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas aquel houbera lugar.

ADMISIÓN DE ASPIRANTES
Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o reitor da USC ditará resolución, declarando aprobada a listaxe  provisional  de  admitidos  e  excluídos,   que   poderá   consultar   no   taboleiro   electrónico   da   USC https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anunciosTema/0/40/listaxe.htm, con indicación neste último caso da causa/s de exclusión.
 
Os aspirantes excluídos, disporán dun prazo de TRES (3) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación da citada resolución, para poder emendar os defectos ou acompañar os documentos que que motivaron a súa exclusión.
A subsanación farase UNICAMENTE a través da sede electrónica da Universidade de Santiago de Santiago   de Compostela.
Os aspirantes que, dentro do prazo  sinalado, non  emenden a exclusión ou  aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídos na relación de admitidos, serán definitivamente excluídos. Esta listaxe poderase consultar no taboleiro electrónico da USC https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anunciosTema/0/40/-listaxe.htm.
 
Contra a exclusión definitiva poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun  mes,  ante o Reitor, ou ben recurso contencioso administrativo no prazo de dous meses,  contados  a  partir  do  día seguinte ao da publicación da mesma, perante o xulgado contencioso-administrativo de Santiago de Compostela.
 
O feito de figurar na listaxe de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ás persoas interesadas a posesión dos requisitos esixidos, que terán que acreditarse no seu momento.

Observaciones 

Tipo de centro

Tipo de contrato